Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A praza da feira de Lestedo acollerá un acto de promoción gratuíto de Carglass os días 20 e 21 de abril

11 de abril de 2023

O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Carglass ten previsto realizar un acto publicitario na praza da feira de Lestedo para promover os seus produtos e servizos entre a veciñanza. A iniciativa terá lugar o xoves 20 e o venres 21 de abril, en horario de 10:00 a 15:00 horas.

O acto consistirá na promoción do seu tratamento antichoiva que, ademais de mellorar a visibilidade nunha condución con choiva, ofrece unha función protectora antimosquitos. As persoas que asistan recibirán de balde este tratamento nos parabrisas dos seus vehículos, así como a instalación dunhas escobillas Bosch de balde.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo