Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

Oferta de emprego: 5 Peóns/peoas agrarios/as para Boqueixón – Vedra

11 de abril de 2023

empregoboqueixon

O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Synergie busca 5 peóns/peoas agrarios/as para traballar en Boqueixón – Vedra. As súas funcións serán o manexo da vexetación en verde do viñedo, tendo que realizar labores propias do mantemento e preparación das viñas para a aplicación de produtos fitosanitarios.

Requisitos:

  • Ter experiencia no agro, preferiblemente en limpeza e acondicionamento de viñedos.
  • Moi valorable ser condutor/a de tractor con experiencia.
  • Desexable dispoñer do carné de fitosanitarios.

Ofrécese contrato e alta na Seguridade Social durante o período que dure a campaña. As persoas interesadas terán que enviar o seu CV ao mail: vigo@synergie.es (indicando a oferta: “Peón/peoa agrario/a”) ou inscribirse directamente premendo aquí.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo