
O Concello de Boqueixón conmemorou o Día do Libro co contacontos “Lúa quere viaxar a… Marte!”, que reuniu a 25 nenos e nenas na biblioteca municipal. Durante unha hora, a rapazada sumouse a Lúa, protagonista do conto, que tiña como soño ser astronauta. Unha sesión dirixida pola compañía A Xanela do Maxín e que busca fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
