O Concello de Boqueixón ofrece 3 prazas nos Campamentos Deportivos da Deputación da Coruña

O Concello de Boqueixón conta con 3 prazas do programa de Campamentos Deportivos que organiza a Deputación da Coruña. Unha iniciativa dirixida a rapazas e rapaces de entre 9 e 14 anos (nados entre o 1 de xaneiro de 2009 e o 31 de decembro de 2014).

As tres prazas son para a terceira quenda, do 16 ao 21 de xullo, no IES Rosalía Mera de A Coruña. A rapazada desfrutará de 5 días con aloxamento e manutención, gozando dunha ampla variedade de actividades. O prezo por cada persoa é de 85 euros.

O prazo de inscricións estará aberto no Concello de Boqueixón entre o 10 de maio e o 7 de xuño, cubrindo o formulario adxunto. No suposto de haber máis solicitudes que prazas, entre o 8 ao 14 de xuño procederase ao sorteo público das mesmas. Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán.

Máis información no Departamento de Deportes: 636 731 721.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025