Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Os maiores do Programa de Prevención da Dependencia de Boqueixón visitan o Pazo de Oca

6 de xuño de 2023

As nove persoas maiores que participan no Programa de Prevención da Dependencia do Concello de Boqueixón realizaron unha excursión de fin de curso ao Pazo de Oca. O párroco de Lestedo, José Sánchez Piso, exerceu como guía durante a visita ao pazo e aos seus xardíns. Unhas instalacións que, pese a estar apenas a 10 quilómetros de Boqueixón, non coñecían algúns dos maiores boqueixaneses.

A xornada rematou cun xantar de confraternidade ao que se sumaron o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana María Seijo.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo