Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A rapazada da EIM Raíña Lupa acolle unha sesión especial de contacontos a cargo de Migallas Teatro

22 de xuño de 2023

A rapazada da Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Boqueixón desfrutou hoxe dunha actuación especial dentro das súas actividades co gallo da fin do curso. Migallas Teatro puxo en escena a súa obra “Cinco ratiños de conto”. Así, a rapazada de Boqueixón desfrutou dunha divertida visita á aldea do queixo fresco, onde os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias como a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.

A actuación foi organizada polo Concello de Boqueixón, dentro do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo