
O campo da feira de Lestedo acolleu onte domingo a actuación do mago Dani Polo, unha actuación organizada polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Deputación da Coruña. Dani Polo presentou o seu novo espectáculo, “Combina”, unha sesión de maxia de preto moi aplaudida pola rapazada congregada no campo da feira de Lestedo.

