Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 5 julio 2023

A Xunta convoca as axudas para a consolidación das asociacións de mulleres e o fomento de actividades no eido da igualdade e da violencia de xénero

axudassubvencions

O Concello de Boqueixón informa de que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 330.000 euros en axudas para a consolidación do movemento asociativo feminino e para a promoción de actividades en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero e de atención ás vítimas desta lacra, con especial atención ás que residen no medio rural, ás maiores e ás que se atopan en situación de vulnerabilidade.

Con este programa trátase de apoiar ás asociacións de mulleres e federacións constituídas por elas, sen ánimo de lucro, coa finalidade de fortalecer o movemento asociativo feminino e potenciar a participación social e a calidade de vida das galegas.

As axudas teñen como obxectivo o impulso e a dinamización das asociacións de mulleres, con especial atención ao ámbito rural, onde se quere visibilizar e poñer en valor o papel feminino como factor de dinamización, de loita contra as violencias machistas, da mellora da calidade de vida nas comunidades e axente fornecedor do tecido social.

Dúas liñas

A convocatoria consta de dúas liñas. A primeira, relativa á consolidación do movemento asociativo, está destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2022 e o 30 de setembro de 2023, ambos os dous incluídos. Esta liña, financiada cos fondos propios da Comunidade Autónoma, incrementa o seu orzamento nun 2% respecto de 2022, ata acadar os 180.000 euros, cunha contía máxima prevista por entidade de 4.000 euros.

Canto á segunda liña, está dotada con 150.000 euros no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Prevé apoios á promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento ás vítimas, co foco posto nas mulleres rurais, nas maiores e nas que se atopan en situación de vulnerabilidade. As contías, ata un máximo de 6.000 euros, permitirán financiar actividades desenvolvidas entre o 1 de decembro de 2022 e o 30 de novembro de 2023.

Neste caso, as actuacións deben responder a algunha das catro tipoloxías seguintes: accións de sensibilización e concienciación social en materia de igualdade e prevención de violencia de xénero; actuacións para o empoderamento e a participación activa da cidadanía feminina; iniciativas para facilitar a adquisición de competencias e habilidades básicas para unha maior autonomía das mulleres e, por último, medidas específicas dirixidas á prevención da violencia contra as mulleres e ao acompañamento ás vítimas.

A convocatoria abre o seu prazo de solicitude mañá, 5 de xullo, ata o próximo 4 de agosto. Poden optar aos apoios, asociacións ou federacións de mulleres sen ánimo de lucro e con domicilio social en Galicia inscritas no Rexistro único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais. Así, deben estar constituídas por un mínimo dun 90% de mulleres e ter como obxectivos a promoción da igualdade entre homes e mulleres e a participación das mulleres na vida política, económica e social, entre outros requisitos.

Toda a información en: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230704/AnuncioG0656-220623-0001_gl.html

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}