
A piscina municipal do Forte acollerá mañá mércores 18 de xullo, a partir das 19:00 horas, o espectáculo “Novidades magnéticas”, da Maga Fani. Unha actuación organizada polo Concello de Boqueixón ao abeiro do programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.
“Novidades magnéticas” é un espectáculo de ilusionismo con maxia, humor e participación das persoas presentes. Unha actuación chea de sorpresas na que a Maga Fani se apoia en todo tipo de instrumentos para acadar uns momentos inesperados e imprevisibles.
