Ir al contenido

Concello de Boqueixón

  • O CONCELLO

    GOBERNO

    • Alcaldía
    • Áreas Municipais
    • Xunta de Goberno
    • Actas Xunta de Goberno
    • Decretos
    • Ordenanzas

    O PLENO

    • Corporación
    • Actas
    Anterior
    Siguiente

    Teléfono 981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CONTACTA CON NOS
  • CORREO
  • SEDE ELECTRÓNICA
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): AXUDAS, Boqueixon
  • Publicada o 20 noviembre 2023

Aberta unha liña de axudas para rehabilitar edificios senlleiros do Camiño de Santiago para crear establecementos turísticos

O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria de axudas de 4 millóns de euros coa que a Xunta de Galicia quere impulsar a rehabilitación de edificios emblemáticos do Camiño de Santiago para crear establecementos de aloxamento ou restauración no marco do Plan Xacobeo Next Generation. Búscase fomentar o turismo sostible e cultural, o mantemento e rehabilitación do patrimonio senlleiro galego con fins turísticos, a dinamización do rural, a creación de emprego e a ampliación da oferta de aloxamento e restauración no Camiño de Santiago.

En concreto, apoiaranse dous tipos de proxectos.

1- En primeiro lugar diríxese a proxectos que fomenten a competitividade e sustentabilidade turística, rehabilitando os novos infraestruturas emblemáticas do patrimonio arquitectónico de Galicia tipificados no artigo 88 ao 91 da Lei de Patrimonio Cultural de Galicia que inclúen, por exemplo, bens propios da arquitectura defensiva como castelos, torres defensivas, cuarteis…; edificios relacionados co culto relixioso como mosteiros, conventos, colexiatas, ermitas…; construcción propias de enxeñaría histórica como faros, edificios portuarios, estacións, entre outras. Terán que contribuir á transición verde e creación de emprego na contorna do Camiño de Santiago.

Deberán cumplir como mínimo dous destes tres requisitos:

  • crear polo menos cinco postos de traballo directos
  • crear vínculos con axentes públicos e privados do territorio que poidan exercer un efecto positivo no sector turístico
  • promover o turismo sustentable mediante a implantación de novas fórmulas de xestión como o uso de productos de proximidade ou ecolóxicos, implantación de fórmulas de reciclaxe ou programas de actividades ou sensibilización medioambiental para os usuarios.

2- A convocatoria apoia, ademais, outra tipoloxía de proxectos nos que a creación do establecemento turístico debe ir aparellada neste caso á posta en valor e mellora ou rehabilitación dun Ben de Interese Cultural. Débese garantir que polo menos un 80% da capacidade temporal ou espacial anual do establecemento se destine a fins culturais, para o que se debe achegar un programa de actividades anual ou calendario co réxime de visitas apertura e peche ou, no seu caso, planos da infraestrutura e acreditación dos metros cadrados visitables ou de desenvolvemento de actividades culturais vinculadas a posta en valor do ben. Sempre se deberán respectar os requirimentos mínimos establecidos pola lexislación patrimonial e a restante normativa sectorial aplicable.

En concellos da Ruta Xacobea

Estas subvencións comprenden tres tipos de axudas: a rehabilitación sustentable dos edificiós, a posta en marcha de medidas enerxéticas e mellora de accesibilidade. No caso dos proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística, poderase subvencionar unha contía máxima do 35%, 25% ou 15% do proxecto dependendo de se se trata dunha pequena, mediana ou gran empresa. No caso dos dinamizadores do turismo cultural, poderán optar a unha axuda máxima dun 80% dos custos subvencionables ata o límite máximo de 2,2 millóns de euros por proxecto

Os proxectos deberá ascender a unha contía mínima de 300.000 euros de investimento e soamente se admitirán os situados naqueles municipios onde transcorra o trazado do Camiño de Santiago. A liña de subvencións é de concorrencia non competitiva e o prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados a partir de mañá 18 de novembro ata o 18 de marzo de 2024. Toda a información de prazos e procedementos está no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Plan Xacobeo Next Generation

Esta liña de subvencións enmárcase nos distintos proxectos que a Xunta de Galicia está  a impulsar cos fondos europeos que foron asignados á Comunidade galega co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. En concreto, forma parte do Plan Xacobeo Next Generation que, ademais desta liña de axudas, inclúe a sinalización da rede cicloturística Eurovelo, que está en execución ou o proxecto de revalorización da Ruta Traslatio, xa executada. Tamén inclúe a rehabilitación de 12 BIC do Camiño de Santiago, dos que a Xunta mobilizou xa máis do 80% destes fondos.

Adxuntos

  • AnuncioG0256-101123-0001_gl (2 MB)
  • AnuncioG0256-171123-0001_es (407 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2023

2023 Concello de Boqueixón

@lmco 2023

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
Administrar opciones Gestionar los servicios Gestionar {vendor_count} proveedores Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
{title} {title} {title}