O Concello abre mañá xoves as inscricións no programa de conciliación Nadal Activo

O Concello de Boqueixón abre mañá xoves 30 de novembro o prazo de inscrición nunha nova edición do Nadal Activo, un programa lúdico-educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de Nadal. As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto. O Concello oferta un máximo de 25 prazas.

  • Datas: 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4 e 5 de xaneiro
  • Horario: de 9:00 a 14:00 horas.
  • Dirixido a: alumnado de 3 a 16 anos empadroado no Concello de Boqueixón e alumnado matriculado nun centro educativo do municipio.
  • Prezo: 50 euros /programa completo e 8 euros/días soltos. Consultar táboa de bonificacións que ofrece o Concello.
  • Inscricións: As inscricións realizaranse do 30 de novembro ao 10 de decembro enviando a ficha de solicitude e demais documentación obrigatoria a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferentemente) ou ben no Rexistro Xeral do concello.
  • Confirmación de prazas:
    1. Listaxe provisional de admitidos/as: unha vez rematado o prazo de inscrición, publicarase na web municipal a lista provisional de admitidos/as e a listaxe de agarda no seu caso.
    2. Prazo de reclamacións: unha vez publicada a listaxe disporase de 3 días naturais para presentar alegacións.
    3. Listaxe definitiva de admitidos/as: publicarase posteriormente ao remate do prazo de alegacións.
  • Documentación a achegar xunto á ficha de inscrición:
    1. Declaración da renda do 2022 ou xustificante de non ter que presentala.
    2. DNI e documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental ou familia vítima de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Exencións: casos de emerxencia social, unidades familiares con ingresos mensuais inferiores ou iguais ao IPREM (600 €/mes) ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais / Centro de Información á Muller.
  • Bonificacións:
      1. Unidades familiares e familias numerosas que non superen en 2 veces o IPREM . 75%
      2. Unidades familiares e familias numerosas que non superen en 3,5 veces o IPREM. 50%
      3. 2º membro da unidade familiar matriculado no mesmo período de tempo. 25%
      4. 3º e sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo. 50%

Máis información nos teléfonos 981 513 115 e  981 513 106 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025