Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Axudas

O IGAPE abre unha liña de 30 millóns de euros en préstamos directos a pemes e persoas autónomas

15 de xaneiro de 2024

O Concello de Boqueixón informa de que o Diario Oficial de Galicia de hoxe publica a convocatoria dunha liña de préstamos directos do Igape para financiar investimentos do tecido empresarial. O programa suma 30 millóns de euros para promover a competitividade de pemes e persoas autónomas galegas. Máis información: bases da convocatoria.

Os xuros contarán cunha bonificación de ata 5 puntos porcentuais no tipo de xuro. Isto permitirá que o Igape poida conceder préstamos con tipos de xuro a partir do 2%.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 29 de novembro ou ata o esgotamento do orzamento previsto. Os préstamos son en concorrencia non competitiva, polo que os levarán os que primeiro o soliciten.

A convocatoria deste ano presenta dúas grandes novidades:

  • dun lado, a concesión de préstamos para financiar a implantación de empresas galegas no exterior. Está previsto financiar a empresas con centros de traballo en Galicia que poñan en marcha novos establecementos, sucursais ou filiais en ata 60 países. O importe mínimo dos préstamos oscilará entre os 300.000 € e un máximo de 1 millón de euros, contribuíndo á expansión do tecido empresarial galego.
  • doutro, os préstamos para financiar circulante para as empresas de transformación e comercialización de produtos da pesca e acuicultura, e para a industria manufactureira. O importe dos préstamos oscilará tamén entre 300.000 € e 1 millóns de euros, cunha duración de oito anos con dous de carencia.
Investimentos estratéxicos, centros tecnolóxicos e naval

Así mesmo, o programa atende tamén aos investimentos estratéxicos de pemes e autónomos, promovendo a creación de novas instalacións e a mellora das existentes, ou o incremento da súa capacidade produtiva.

Cubrindo ata o 50% do investimento a financiar, cun máximo de 5 millóns, os préstamos terán unha duración de ata 12 anos, podendo chegar a 15 en función das características do proxecto, coa posibilidade de incluír carencia na amortización do principal.

Ademais, os préstamos directos financiarán actuacións levadas a cabo por centros tecnolóxicos, asociacións empresariais, fundacións e entidades que desenvolvan actividades económicas, de I+D ou de servizos de interese para o tecido empresarial galego. O seu importe oscilará entre 75.000€ e 1,5 millóns, cubríndose ata un máximo do 75% do investimento financiable.
Finalmente, atenderanse tamén as operacións levadas a cabo pola industria auxiliar naval, co obxectivo de apoiar a estas empresas facilitándolles o financiamento a longo prazo. O importe mínimo do préstamo será de 300.000 euros e o máximo dun millón de euros, resultando o prazo de devolución de ata 6 anos, incluíndo 2 de carencia.
Compartir
WhatsApp Facebook Correo