Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Servizos sociais

Concesión de axudas económicas de prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero

7 de febreiro de 2024

nonaviolenciadexenero

Por Resolución do 14 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Igualdade, regúlanse as bases para a concesión no ano 2024, da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero, prevista no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. SI434A

Persoas beneficiarias

  1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica do seu agresor, ou no caso de vítimas de trata con fins de explotación sexual e/ou vítimas de explotación sexual, de dependencia da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación e/ou de explotación.
  2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións:
  • a) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia, e, no caso de mulleres estranxeiras, ter residencia legal en España.
  • b) Ter cesado a convivencia co agresor ou a vinculación coa/s persoa/s que mantivese/n sobre ela unha relación de dominación e/ou explotación, no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, e que o documento acreditativo da situación de violencia de xénero fora adoptado ou emitido no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude, este intervalo non será de aplicación no caso de violencia vicaria ou violencia por interpósita persoa.
  • c) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor ou da persoa que mantiver sobre ela unha relación de dominación, e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos mensuais iguais ou inferiores ao dobre do IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias

Importe

A contía das axudas establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente, e en atención ao número de fillas e fillos menores ou menores en acollida a cargo, así como o grao de discapacidade da solicitante e/ou dos menores a cargo, de ser o caso; nun abano que vai dende 200 euros/mes ata 800 euros/mes; e ata un máximo de doce mensualidades.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes abarca ata o 31 de decembro de 2024.

Máis información no teléfono 981 513061, CIM de Boqueixón, enderezo electrónico cim@boqueixon.com ou ben no teléfono 881 999 164, enderezo electrónico vx.igualdade@xunta.gal.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo