
O Concello de Boqueixón achega este curso de formación AFD da Asociación Amicos dirixido a persoas con discapacidade: “Actividades auxiliares de servizos administrativos e xerais”. Trátase dun curso de 448 horas lectivas, en réxime de teleformación, e inclúe prácticas en empresa.
As clases darán comezo o 16 de abril e desenvolveranse de xeito online ata o 13 de setembro. Máis información e inscricións no 981 865 716 ou en formacion@amicos.org.
