Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OMIX
  • Publicada o 10 abril 2024

A Xunta convoca «Acción de Verán»: actividades para a mocidade de 9 a 30 anos

O Concello de Boqueixón comunica que a Xunta de Galicia vén de presentar a campaña «Acción de Verán», unha iniciativa que inclúe actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo… para os mozos e mozas galegos de entre 9 e 30 anos e que tamén funciona como recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema «O teu mellor verán», a campaña desenvolverase durante os meses de xullo, agosto e setembro, incluíndo as seguintes accións:

• Campamentos en Galicia. Convocarase no DOG do 16 de abril, polo que as solicitudes poderán presentarse do 17 ao 30 de abril a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Consulta o programa de Campamentos en Galicia.

• Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro. Encamiñados a fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos. Para participar é preciso ter 18 anos antes do inicio do campo e non cumprir os 31 antes do seu remate. Apertura de prazos: 17 de abril (Galicia), 2 de maio (outras CCAA) e xa aberta (estranxeiro). O prazo de inscrición nos Campamentos de voluntariado en Galicia abrirase do 17, ás 9:00 horas, ao 30 de abril. Entre eles figura «Unindo roteiros», programa promovido polos concellos de Boqueixón e Vedra para a recuperación medioambiental e etnográfica de sendeiros de ambos municipios, así como a dinamización cultural e natural da contorna da área recreativa de San Paio.

• Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.  Iniciativa lúdico-formativa que se desenvolve en aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días (de luns a venres) e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

• Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas. Mediante esta convocatoria  preténdese articular a utilización das instalacións xuvenís das que é titular a Consellería de Política Social e Xuventude, co obxecto de facilitarlle á mocidade o acceso a instalacións xuvenís para o desenvolvemento de programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro. Publicación no DOG prevista para o 16 de abril. Prazo de presentación de solicitudes: do 17 ao 25 de abril.

• Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos. Novo programa que promoverá un ocio educativo, alternativo e saudable, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos. Terá lugar en cinco instalacións de toda Galicia, en quendas de xoves a domingo, concretamente nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz-Balneario e no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).

 

En total, serán 11.533 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego. A maiores existen unhas prazas de balde reservadas para fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero. Toda a información en: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}