O Concello de Boqueixón ofrece 4 prazas nos Campamentos Deportivos 2024 da Deputación da Coruña

O Concello de Boqueixón conta con 4 prazas do programa de Campamentos Deportivos que organiza a Deputación da Coruña. Unha iniciativa dirixida a rapazas e rapaces de entre 9 e 14 anos xa cumpridos.

As prazas son para a terceira quenda, do 7 ao 12 de xullo, no IES Rosalía Mera de A Coruña. A rapazada desfrutará de 5 días con aloxamento e manutención, gozando dunha ampla variedade de actividades. O prezo por cada persoa é de 85 euros.

O prazo de inscricións estará aberto no Concello de Boqueixón ata o 28 de maio, presentando o formulario correspondente. O sorteo das prazas realizarase  do 29 de maio ao 31 de maio.

*Prioridade para nenos que nunca asistiron a campamentos de verán

No caso de admisión, o prazo para facer a matriculación é o 12 de xuño ás 14:00h.

Máis información no Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón: 981 513 115 / 636 731 721.

Descarga toda a información, aquí: Panfleto2024

Descarga a inscrición premendo Aquí: Inscrición2024

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025