A Garda Civil dará charlas aos maiores sobre seguridade e prevención de roubos e estafas

A Garda Civil impartirá dúas charlas dirixidas aos maiores de Boqueixón nas que ofrecerá consellos para previr roubos, estafas, furtos e malos tratos, así como información para saber como actuar diante destas circunstancias, tanto se se producen na vía pública, no domicilio, no banco, na Internet ou durante unha viaxe.

Trátase dunha iniciativa incluída no “Plan maior seguridade”, organizado polo Ministerio do Interior e que conta coa colaboración do Concello de Boqueixón.

As charlas terán lugar o martes 25 de xuño, ás 10:30 horas, no local social de Lestedo; e o mércores 26 de xuño, ás 10:30, na biblioteca municipal do Forte. A participación é totalmente de balde, só é preciso reservar praza no Departamento de Cultura, no teléfono 981 513 115 ou no mail cultura@boqueixon.com.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025