Boletín Xanela BQXN do mes de novembro de 2024

Xa tes á túa disposición a versión dixital do boletín municipal Xanela do mes de Novembro de 2024, que nos próximos días chegará á túa casa. Nel atoparás as últimas novas do Concello de Boqueixón, en especial o inicio da parcelaria de Lamas, Loureda, Sergude e Vigo coa convocatoria da Xunta de Titulares para o próximo luns 11 de novembro, ás 11:00 horas, no Pazo de Quián.

Lembra que hai unha canle oficial de WhatsApp para seguir todos os avisos neste enlace, no código QR que incorpora a revista e na web da Consellería do Medio Rural.

Ademais, presentámosche a nova campaña para promover a compostaxe doméstica e reducir a pegada ecolóxica, a VI Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller e animámoste a participar no Concurso de Fotografía «Boqueixón en imaxes». Lembra: fotos en horizontal, dun tamaño mínimo de 2000 x 1500 píxeles e cunha temática relacionada coas paisaxes, festas e eventos celebrados en Boqueixón.

Preme aquí.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025