Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, DESTACADAS
  • Publicada o 24 octubre 2024

O Concello de Boqueixón desenvolverá varias accións informativas para promover a compostaxe doméstica no municipio

O Concello de Boqueixón vai desenvolver varias accións informativas e formativas nos meses de novembro e decembro dentro da súa campaña de compostaxe doméstica, unha iniciativa que ten como obxectivo a redución da pegada ecolóxica dos veciños e veciñas a través dunha aposta pola valorización in situ dos residuos orgánicos que se xeran nos fogares, fomentando deste xeito a sostibilidade ambiental e social no rural.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, explica que “dende o Concello temos repartido case un milleiro de composteiros entre a veciñanza e realizado varias campañas de sensibilización para minimizar a xeración de residuos e conciencialos da importancia da reciclaxe e os seus beneficios a nivel ambiental, social e tamén económico, pois poden transformar os seus refugallos orgánicos nun compost de calidade que pode reutilizarse como abono”.

Participación veciñal

Mediante esta campaña, impulsada dende o ano 2013, o Concello de Boqueixón promove a participación activa dos seus veciños e veciñas na xestión responsable dos residuos orgánicos, tendo repartido case un milleiro de composteiros domésticos para converter os restos de alimentos e vexetais nun abono natural e de calidade. Con esta acción, a veciñanza contribúe a diminuír os residuos enviados a vertedoiros, promovendo así unha economía circular.

Por iso, ao longo dos meses de novembro e decembro, o Concello vai realizar varias charlas informativas sobre compostaxe coas que resolver dúbidas que poidan ter os actuais e futuros usuarios do programa. Neste sentido está prevista a realización de reunións por parroquias e tamén visitas as persoas usuarias dos composteiros, así como outras iniciativas de apoio como accións formativas no CPI Antonio Orza Couto ou a instalación dun posto informativo na Feira de Lestedo. Estas accións serán anunciadas previamente á veciñanza a través das principais canles de comunicación do Concello de Boqueixón e tamén a través de chamadas telefónicas aos usuarios e usuarias xa inscritos no programa de compostaxe.

Contacto

En todo caso, os veciños e veciñas que desexen sumarse a esta iniciativa poden poñerse en contacto a través do correo electrónico biorresiduos@concellosostible.gal ou chamando ao teléfono 699 526 341. Esta iniciativa está promovida polo Concello de Boqueixón e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Ministerio para a Transición Ecolóxica, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, así como coa financiación da Unión Europea a través dos Fondos NexGenerationEU.

A  compostaxe é unha práctica con importantes beneficios, tanto ambientais como económicos e sociais. Desde a perspectiva ambiental porque, dado que os restos orgánicos representan case o 50% na composición media dunha bolsa de lixo tipo. Se se evita o seu depósito nos contedores verdes convencionais, propíciase unha redución da frecuencia de recollida e transporte por parte dos servizos municipais e, por tanto, das emisións de CO2 á atmosfera. Desde a económica, porque se o Concello entrega menos residuos a Sogama vese diminuído o importe da factura para pagar a esta empresa pública. E, desde a social, porque se recupera unha tradición arraigada no rural galego como é a segregación da materia orgánica para alimento do gando e/ou elaboración de compost.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}