Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 16 diciembre 2024

Ovidio Rodeiro agradécelle a Román Rodríguez “o maior investimento no colexio nos seus máis de cincuenta anos de historia”

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, visitaron na mañá do sábado o resultado das obras de rehabilitación integral realizadas no CPI Antonio Orza Couto. Unha visita na que estiveron acompañados pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; o concelleiro de Industria, Turismo e Desenvolvemento Local de Boqueixón, José Luís Mareque; e o director do centro educativo, Ángel Manuel Manciñeiras.

Ovidio Rodeiro salientou que “este é o maior investimento que se ten realizado no CPI Antonio Orza Couto nos seus máis de cincuenta anos de historia”, pois o centro foi construído no 1970, e destacou “a boa acollida que tiveron estas obras na comunidade educativa de Boqueixón, como ben nos transmitiron os propios nenos e nenas durante o pasado pleno infantil”.

Así mesmo, o alcalde de Boqueixón aproveitou a visita do conselleiro e da delegada territorial para amosarlles sobre o terreo os proxectos que manexa o Concello para mellorar a mobilidade na contorna do CPI Antonio Orza Couto, e que tamén beneficiarían a todas as persoas que acoden ao centro de saúde, ao ximnasio municipal, ao campo municipal do Forte ou ao polideportivo municipal.

Plan de nova arquitectura pedagóxica

Pola súa banda, o titular do departamento educativo da Xunta destacou que o Goberno galego leva investidos máis de 800.000 euros nunha rehabilitación integral do centro educativos de Boqueixón no marco do Plan de nova arquitectura pedagóxica.  “Estamos a dar un forte pulo á modernización dos centros ao abeiro desta folla de ruta, coa que poñemos tamén especial fincapé na sustentabilidade medio ambiental, con actuacións como cambios de cubertas, illamento de fachadas, instalación de novas fiestras ou renovación de luminarias e falsos teitos, entre outras”, detallou o conselleiro.

“Todos estes cambios redundan non só nunha maior eficiencia enerxética dos edificios educativos, senón tamén no confort da comunidade escolar e no seu día a día nos centros”, abondou o conselleiro.

Actuacións no CPI

No que atinxe ao CPI Antonio Orza Couto, investíronse máis de 800.000 euros na rehabilitación integral do centro con actuacións como o illamento térmico das fachadas, a renovación dos falsos teitos, a instalación de luminarias led e tarefas de pintura tanto no edificio de infantil como no de Primaria. Así mesmo, no edificio de Primaria tamén se mudou a cuberta de tella orixinal por unha de panel sandwich e as fiestras. No comedor cambiáronse as fiestras, melloráronse os canos, instaláronse novas luminarias e acometeuse o illamento térmico polo exterior.

Todas estas medidas combinadas suporán un aforro enerxético anual no edificio de Primaria de preto do 50%, en canto a consumo de enerxía e tamén en emisións de CO2, mentres que no edificio de Infantil estes aforros van estar no entorno ao 34%.

A maiores, mellorouse o peche da parcela e creouse un acceso cuberto ao edificio de Infantil e para a comunicación deste co comedor mediante unha pérgola metálica e homoxeneizouse o pavimento para mellorar a accesibilidade. Esta pérgola permite que, nos días de chuvia, o alumnado poida acudir ao comedor sen ter que mollarse.

Esta non é a única actuación de mellora que se acomete neste centro escolar nos últimos anos. Así, no verán de 2019 a Xunta investiu 48.000 euros no cambio da cuberta do CPI Antonio Orza. Por outra banda, no ano 2016 investiranse outros 60.000 euros na substitución das fiestras de varias aulas de infantil, dos canalóns da cuberta e das baixantes de auga para evitar humidades e filtracións.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}