Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

O Concello organiza unha xornada dirixida a persoas que queiran obter o certificado dixital

1 de abril de 2025

O salón de plenos do Concello de Boqueixón acollerá o vindeiro martes 22 de abril, de 10:00 a 12:00 horas, a xornada “A Administración cerca de ti”. Trátase dunha iniciativa gratuíta que permitirá ás persoas que se anoten obter o certificado dixital e Cl@ve permanente para que poidan relacionarse electronicamente coas Administracións Públicas. Un evento no que tamén se resolverán dúbidas e se asesorará aos presentes sobre as súas xestións máis cotiás coa administración.

A participación é totalmente gratuíta, se ben é preciso anotarse no teléfono 981 51 31 15.

“A Administración cerca de ti” está organizado pola Subdelegación do Goberno en A Coruña, en colaboración co Concello de Boqueixón, o Ministerio de Política Territorial e a Federación Española de Municipios e Provincias, ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo