Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Unha ducia de mulleres de Boqueixón e Vedra participa nun curso de defensa persoal coa karateca Ruth Lorenzo

12 de maio de 2025

Un total de doce mulleres de Boqueixón e Vedra de todas as idades, profesións e inquedanzas participaron esta fin de semana, xunto coa conselleira de Servizos Sociais de Igualdade do Concellode Boqueixón, Ángela Conde, na primeira clase do Curso de Defensa Persoal Feminina, que imparte a karateca Ruth Lorenzo Couso, campiona nacional e internacional.

Unha sesión que comezou cunha charla empoderadora e inspiradora, na que a profesora trasladou ás alumnas que eran mulleres fortes e capaces. Unha xornada complementada cunha sesión práctica moi amena e instrutiva.

Deste xeito, as mulleres participantes coñeceron os fundamentos teóricos e prácticos da defensa persoal, facendo fincapé nas técnicas de defensa e en como aborar un perigo, recomendando evitalo sempre que sexa posible.

A próxima clase terá lugar o día 24 de maio, de 10:00 a 13:00 horas, na ludoteca municipal de Vedra, onde se abordará a defensa ante determinadas situacións que as participantes plantexaron. As clases son gratuítas, aínda queda algunha praza dispoñible, aberta a todas as mulleres de Boqueixón e Vedra ata cubrir aforo.

Máis información no CIM de Boqueixón: 981 516 106.

Actividade subvencionada con cargo ao Pacto de Estado 2024 Contra a Violencia de Xénero.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo