Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Cultura

O alcalde de Boqueixón entrega os premios do XI Certame de relato curto Xosé Neira Vilas, que xirou en torno ao medio ambiente

20 de maio de 2025

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o director do CPI Antonio Orza Couto, Ángel Maciñeiras Núñez, fixeron entrega esta mañá dos premios do XI Certame de relato curto Xosé Neira Vilas. Uns premios organizados polo Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Xosé Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, co obxectivo de potenciar a lectura e a promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación.

O xurado, presidido por María  Rosario Golmar Saavedra, membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas; e composto por Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura; María del Pilar Pintos Pena, coordinadora do Equipo de Dinamización Lingüística do CPI Antonio Orza Couto; e Ana Fernández García, integrante da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio acordou que os premios recaeran en:

1ª Categoría: 3º e 4º de Primaria.

  1. O segredo do bosque rumoroso, de Xavi Rendo Sánchez (3º de Primaria)
  2. Última oportunidade, de Lucas Campos Bernál (4º de Primaria)

2ª Categoría: 5º e 6º de Primaria.

  1. Os cinco do ar, de Fátima de la Iglesia Lobato (6º de Primaria)
  2. Xoaniña, a nena soñadora, de Abel Brey Castro (6º de Primaria)

3ª Categoría: Secundaria

  1. O último respiro, de Simón Rouco González (3º Secundaria)
  2. O eco do bosque, de Nerea Rendo Sánchez (2º Secundaria)
  3. Nerea, a árbore da vida, de Sofía Liñares García (1º Secundaria)

O gañador de cada unha das tres categorías levou un premio de 125 euros en vales de libros e material escolar. O segundo e terceiro clasificado recibiron vales por 100 e 75 euros, respectivamente.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo