Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, TURISMO
  • Publicada o 27 mayo 2025

Boqueixón e Vedra convocan unha nova edición do programa Correntes do Ulla, que inclúe piragüismo, sendeirismo e voluntariado

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, e o alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo, presentaron hoxe o programa Correntes do Ulla, unha iniciativa conxunta de ambos os dous municipios que inclúe sete actividades co río Ulla como eixo central e que inclúen piragüismo, rutas de sendeirismo e un campamento de voluntariado. Toda a información e inscricións nas respectivas webs municipais: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal.

Carlos Martínez explica que “Boqueixón e Vedra volvemos ser unha vez máis exemplo de colaboración entre administracións. Neste caso compartimos un elemento fundamental como é o río Ulla e en torno a el imos desenvolver un amplo programa de actividades moi valoradas tanto pola nosa veciñanza como por todos os concellos da contorna, pois sempre contamos con moitos participantes de ambas beiras do río”.

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro sinala que “este ano as grandes novidades serán unha ruta fotográfica ambiental pola contorna do Coto de Ximonde e, sobre todo, o campo internacional de voluntariado Monte Sacro que vai acondicionar unha senda pola ribeira do río Ulla que unirá  Vedra e Boqueixón co municipio de Teo e que porá en valor o patrimonio natural e cultural da área recreativa de San Paio, en Codeso”.

Programa

Correntes do Ulla dará comezo o sábado 28 de xuño coa única actividade de pago en toda a programación: Descenso do Ulla en piraguas. Un percorrido entre o Campo do Río de Ponteledesma ata a área de recreo de Agronovo. O número de prazas é limitado e as inscricións custan 30 euros por persoa, que inclúen: piragua para dúas persoas, chaleco salvavidas e seguro. Poderán participar tamén menores de idade, entre 13 e 18 anos, con autorización familiar.

Do 21 de xullo ao 1 de agosto terá lugar o Campo de voluntariado “Monte Sacro”, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Un campamento medioambiental e de social dirixido a mozos e mozas de idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, que colocarán sinalización e porán en valor o patrimonio cultural e natural da área recreativa de San Paio (Codeso, Boqueixón). Finalmente, contémplase a realización dunha guía da flora e a fauna local. Inscricións en https://xuventude.xunta.gal/.

Finalmente, Correntes do Ulla convoca cinco rutas de sendeirismo gratuítas nos meses de xullo e agosto. Dúas delas están incluídas dentro do programa Goza do Ulla: Roteiro de Pescadores (sábado 5 de xullo) Pazo de Santa Cruz de Ribadulla – San Xoán da Cova (domingo 3 de agosto). Dúas rutas de dificultade media-baixa, de 9,1 km e 16 km de distancia.

O sábado 12 de xullo terá lugar unha da novidades deste ano: unha ruta fotográfica ambiental pola contorna do Coto de Ximonde (Vedra). Entre as 10:00 e as 13:00 horas, o fotógrafo Fernando Lueiro guiará ás persoas participantes na toma de imaxes da fauna e da flora local.

Para o mes de agosto quedan outras dúas rutas de sendeirismo, que teñen como eixo común dar a coñecer o patrimonio oculto. A primeira delas terá lugar en Vedra o sábado 9 de agosto pola contorna de San Xoán da Cova, Gundián e Ponte Ulla. A segunda terá lugar o domingo 17 de agosto en Boqueixón, pola contorna do Pico Sacro. En ambos os dous casos, o horario será de 10:30 a 13:30 horas e o número de prazas será limitado.

Correntes do Ulla é un programa organizado polos Concellos de Vedra e Boqueixón, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Máis información e inscricións: www.concellodevedra.gal e www.boqueixon.gal.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}