Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

O alcalde de Boqueixón mantén unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

10 de xuño de 2025

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, mantivo esta tarde unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue. Nesta reunión, conselleira e  alcalde abordaron actuacións en materia de urbanismo e mobilidade de interese para os veciños e veciñas de Boqueixón.

Allegue subliñou a aposta da Administración autonómica pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo