Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar os servizos de conciliación de Madrugadores e Tardes de Lecer

5 de agosto de 2025

O Concello de Boqueixón informa da apertura do prazo de inscrición nos servizos de conciliación Madrugadores e Tardes educativas e de lecer para o curso 2025-2026.

Ambos os dous programas están dirixidos a alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria de entre 3 e 16 anos empadroado no Concello de Boqueixón ou ben matriculado nun centro educativo do municipio. As actividades desenvolveranse nas instalacións do CPI Antonio Orza Couto.

Madrugadores

O programa Madrugadores ofrece servizo de acollida, coidado e vixilancia antes do comezo das clases en horario de 7:30  a 9:00 horas. Realizaranse actividades variadas e relacionadas co fomento de hábitos saudables.

Os prezos son:

  • 10 €/mes por 1 día/semana
  • 20 €/mes por 2 días/semana
  • 30 €/mes por 3 días/semana
  • 40 €/mes por 4 días/semana
  • 50 €/mes por 5 días/semana
  • 5 € por días soltos

FICHA DE INSCRICIÓN

Tardes Educativas e de Lecer

As Tardes Educativas e de Lecer, en horario de 15:30 a 18:30 horas, ofrece dous servizos en espazos diferenciados:

  • acompañamento escolar, para que o alumnado realice as tarefas escolares co apoio de monitorado especializado
  • “recreando”, unha actividade lúdico-cultural cun amplo programa de actividades, obradoiros e xogos

Os prezos son:

  • 30 €/mes por 1 día/semana
  • 45 €/mes por 2 días/semana
  • 60 €/mes por 3 días/semana
  • 75 €/mes por 4 días/semana
  • 90 €/mes por 5 días/semana
  • 10€ por días soltos

FICHA DE INSCRICIÓN

Bonificacións: en ambos os dous casos, o Concello establece bonificacións entre o 25 e o 100% do servizo.

Inscricións: en ambos os dous casos, a inscrición poderá ser telemática (a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón e incluindo a documentación na solicitude xeral) ou presencial, a través do Rexistro.

Documentación: As persoas solicitantes deberán achegar:

  • declaración da renda do 2024 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala
  • documento acreditativo de familia numerosa, monoparental, vítima de violencia de xénero (de ser o caso)
  • DNI

Máis información sobre estes programas no teléfono 981 513 115 / 981 513 061 ou no correo electrónico cim@boqueixon.gal

Compartir
WhatsApp Facebook Correo