Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Formación e emprego

OFERTA DE EMPREGO: Carpinteiro/a de madeira en Boqueixón

10 de setembro de 2025

empregoboqueixon

O Departamento de Emprego do Concello de Boqueixón informa de que unha empresa do municipio busca incorporar 1 carpinteiro/a con experiencia previa ou formación relacionada (incluíndo prácticas). Valorarase especialmente unha boa actitude e compromiso co traballo a longo prazo.

Requisitos:

  • Experiencia en carpinteiría ou titulación relacionada con prácticas finalizadas
  • Boa actitude e responsabilidade
  • Disponibilidade para traballar en quendas rotativas
  • Vehículo propio ou posibilidade de desprazamento

Condicións laborais:

  • Horario rotativo semanal (de luns a venres):
    1. Semana 1: de 6:00 a 14:00 h
    2. Semana 2: de 14:00 a 22:00 h
  • Contrato inicial de 6 meses a través de ETT
  • Posibilidade real de prórroga ou incorporación a plantel
  • Proxecto estable con opción de contrato indefinido en Boqueixón

As persoas interesadas deberán contactar por correo electrónico con sara.moreira@nortempo.com

Compartir
WhatsApp Facebook Correo