Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, TURISMO
  • Publicada o 21 octubre 2025

Boqueixón avanza na declaración do Pico Sacro como BIC e márcase como novo obxectivo conseguir que forme parte das Montañas Sagradas do Mundo

“Estou convencido de que todos xuntos conseguiremos ese obxectivo común: que o noso Pico Sacro sexa declarado Ben de Interese Cultural. Pero tamén vos digo que o traballo non vai acabar aí. Como en Boqueixón somos xente emprendedora e sen medo a nada, xa vos adianto outro desafío no que estamos xa traballando para o próximo futuro: conseguir que o Pico Sacro forme parte das Montañas Sagradas do mundo. Imaxinade: Monte Olimpo, Monte Sinaí, Monte Fuji, Machu Picchu… Pico Sacro. Quen dixo medo!”.

Con estas palabras o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, inauguraba esta fin de semana a sétima edición do ciclo “Un mes e Pico”, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Boqueixón para poñer en valor o monte Ilicino e promover a súa candidatura a Ben de Interese Cultural (BIC). “Creo que todos os que estamos hoxe aquí presentes coincidimos en que hai motivos máis que de sobra para que o Pico Sacro sexa declarado BIC. E dende o Concello que presido seguiremos traballando para que ese nomeamento poida producirse o máis pronto posible”, apuntou o alcalde.

Conferencias

Así, o  centro de interpretación do Pico Sacro acolleu un ciclo de conferencias da man de cinco prestixiosos investigadores co obxectivo de ofrecer unha visión interdisciplinar do Monte Ilicino. Antonio César González García, doutor en Astrofísica, ex-presidente da Sociedade Europea de Astronomía e membro da delegación en Galicia do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), falou do Monte Ilicino como referente da paisaxe galega. Algo no que tamén insistiu César Parcero Oubiña, investigador científico no Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT) e arqueólogo especializado na análise do espazo e a paisaxe ao longo da historia.

Pola súa banda, David Fernández Abella, arqueólogo e licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, presentou os últimos achádegos arqueolóxicos localizados neste verán de 2025 durante a limpeza do alxibe do Castelo do Pico Sacro, antiga cisterna para almacenar auga desta antiga fortaleza edificada no século XII. Cristina Sánchez-Carretero, antropóloga, ex presidenta da Asociación de Antropoloxía do Estado Español, vicedirectora e investigadora do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, presentou os avances nos procesos de salvagarda do Pico Sacro como conxunto simbólico senlleiro de Galicia, paso previo á súa declaración como BIC.

Finalmente, Felipe Criado-Boado, arqueólogo, profesor de investigación do CSIC e director do Instituto de Ciencias do Patrimonio, pechou o ciclo analizando como en moitos países mantense memoria viva das montañas sacras, mentres que en Europa perdéronse case sempre. Unha presentación relacionada coa intención do Concello de Boqueixón de buscar a declaración do Pico Sacro como Montaña Sagrada do mundo.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}