Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

Alumnado do CRA Boqueixón-Vedra asiste a unha xornada de sensibilización en igualdade e tolerancia

21 de novembro de 2025

O alumnado do CRA Boqueixón-Vedra asistiu a unha xornada de sensibilización en igualdade e tolerancia, organizada polo CIM de Boqueixón con motivo da conmemoración neste mes de novembro do Día Internacional da loita contra a violencia de xénero.

A xornada consistiu na posta en escena da obra “Daniel e Daniela”, de Trémola Teatro. Unha posta en escena moi dinámica, pois estaba dirixida a nenos e nenas de 3 anos en adiante, na que se destacaron valores tan importantes como o respecto, a tolerancia, o compañeirismo e a igualdade.

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde, asisitiu ao inicio da xornada e animaron á rapazada a ser boas persoas, bos compañeiros e a desfrutar do teatro. Unha iniciativa organizada polo CIM de Boqueixón co apoio dos fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

25 novembro

Por outra banda, a casa do concello acollerá o vindeiro martes 25 de novembro, ás 12:00 horas, a lectura do manifesto institucional, por parte da concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde. Acto seguido, gardarase un minuto de silencio por todas as vítimas falecidas. Durante esa xornada, no concello estará exposto o libro “25N, as túas palabras constrúen”,  no que a veciñanza poderá plasmar a súa achega ou comentario arredor da lacra social da violencia machista.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo