Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

CIM

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición no servizo de conciliación Entroido Activo 2026

30 de xaneiro de 2026

O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscricións nunha nova edición do servizo de conciliación Entroido Activo, un programa lúdico educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de entroido.

As actividades desenvolveranse nas instalacións do concello e do CPI Orza Couto.

O concello oferta un máximo de 25 prazas.

Datas: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2026 (coincidindo co período vacacional do entroido)

Horario: de 09:00 a 14:00 horas.

Dirixido a: rapazada que curse 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria, con idades comprendidas entre os 3 e os 16 anos, cuxas nais, pais, titoras ou titores estean empadroados/as en Boqueixón (mínimo 3 meses de antigüidade) ou cando os/as menores estean escolarizados nun centro educativo do Concello de Boqueixón.

Prezos: Programa completo 25,00 € . Días soltos 10,00 €.

Inscricións: Realizaranse enviando a ficha de solicitude e demais documentación obrigatoria, a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (preferentemente) ou ben presencialmente no Rexistro Xeral do concello, ata cubrir as prazas.

Cabe a posibilidade de solicitar días soltos.

No caso de existir maior número de solicitudes de participantes empadroadas/dos no Concello de Boqueixón ou matriculados/das nun centro educativo de Boqueixón, adxudicaranse as prazas por sorteo.

Documentación obrigatoria:

  1. DNI do solicitante
  2. Declaración da renda do 2024 ou xustificante acreditativo de non ter que presentala (Obrigatoria nos supostos de solicitar bonificacións).
  3. Documento acreditativo de familia numerosa, familia monoparental, vítima de violencia de xénero (Obrigatoria nos supostos de solicitar bonificacións).
  4. Documentación complementaria no caso de que sexa requirida.

Exencións e bonificacións:

Supostos de bonificación (programa completo) Porcentaxe de bonificación
Supostos de emerxencia social ou outra situación valorada tecnicamente polo Departamento de Servizos Sociais/Centro de Información á Muller. 100%
Unidades familiares con ingresos que non superen o IPREM: 600,00 € / mes. 100 %
Unidades familiares e familias numerosas con ingresos que non superen en 2  veces o IPREM: 1.200,00 € / mes; 75 %
Unidades familiares e familias numerosas con ingresos que non superen en 3,5  veces o IPREM : 2.100,00 € / mes 50 %
* 2º membro da unidade familiar matriculado no mesmo período de tempo. 25 %
* 3º e sucesivos membros da unidade familiar matriculados no mesmo período de tempo 50 %

Cálculo do IPREM (Declaración do IRPF 2024): base impoñible xeral (recadro 435) + base impoñible de aforro (recadro 460) dividido entre 12 meses.

Os descontos do 2º e 3º membro aplícanse exclusivamente respecto das familias con dereito a bonificacións.

Máis información nos teléfonos 981 513061 e 981 513106 ou no correo electrónico cim@boqueixon.com

Prazo límite de inscricións ata o 12 de febreiro de 2026

Compartir
WhatsApp Facebook Correo