
O Concello de Boqueixón informa que foron admitidas todas as solicitudes presentadas de xeito telemático e/ou presencial no concello para o servizo de conciliación Semana Santa Activa, un servizo lúdico educativo que facilita a conciliación laboral e familiar nestas vacacións de semana santa.
O servizo desenvolverase nas instalacións do concello e do CPI Orza Couto os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas.
