Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, TURISMO
  • Publicada o 27 abril 2026

A Festa das Carrozas do San Cidre celebra a súa primeira edición como Festa de Interese Turístico de Galicia

O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro; e o presidente da Asociación das Carrozas do San Cidre, Alejandro Pena; presentaron hoxe a programación da 52 edición da Festa das Carrozas do San Cidre, a primeira que se desenvolverá baixo a distinción de Festa de Interese Turístico de Galicia e cuxo día grande terá lugar o domingo 17 de maio. Un acto no que estiveron acompañados por Juan Neira, representante da Comisión de Festas; Mónica López, mestra en Camporrapado do CRA Boqueixón-Vedra; Mari Taboada, representante dunha das carrozas; e polos concelleiros de Cultura e de Turismo, Gonzalo Redondo e José Luís Mareque.

Ovidio Rodeiro puxo en valor “a primeira festa de exaltación dos labores do campo que se puxo en marcha na comarca de Compostela hai máis de medio século” e puxo en valor “o traballo dos veciños e veciñas do Oural, que levan semanas, algúns ata meses, traballando arreo na preparación da festa e das espectaculares carrozas que desfilarán pola parroquia na mañá do domingo 17 de maio”.

Rodeiro Tato destacou que “todas esas persoas que nos van situar no mapa por primeira vez por ser Festa de Interese Turístico de Galicia, vanse sorprender moitísimo” e felicitou tanto á Comisión de Festas como á Asociación das Carrozas do San Cidre “por non deixarse vencer pola presión e dedicar máis tempo, esforzo e paixón para ofrecernos unha festa inesquecible, chea de cor, emoción e tradición.

Porque, ademais da singularidade, arraigo e valor cultural das Carrozas do San Cidre, tamén poñemos en valor a nosa gastronomía máis saborosa e exquisita, que desfrutarán os milleiros de romeiros e romeiras que se acheguen ao campo da festa”. Neste sentido, destacou o dispositivo previsto e agradeceu por adiantado o traballo do persoal de Protección Civil e voluntariado “que nos axudarán a manexar a eses novos romeiros que se sumen por primeira vez ao San Cidre”.

Programación

Pola súa banda, Alejandro Pena presentou a programación deste ano, que arrincará o sábado 9 de maio coa presentación dun libro que “recompila textos, imaxes, momentos, anécdotas e recordos dos vellos do lugar e que forman parte de máis de medio século de historia desta celebración”. Unha presentación que terá lugar na casa da cultura de Camporrapado o vindeiro sábado 9 de maio, ás 19:30 horas.

A festa arrincará o sábado 16 de maio, ás 22:00 horas, coa tradicional misa na honra á Nosa Señora de Fátima, que incluirá unha procesión nocturna coa agrupación “Sete Pontes” (Ourense). E a partir das 23:00 horas, gran verbena co Grupo Tatoo e Discoteca Móbil Pirámide XXL co DJ Marcos Kintana.

O domingo 17 de maio terá lugar a 52 edición do Desfile de Carrozas do San Cidre. As carrozas estarán expostas en Camporrapado dende as 11:00 horas, para saír en desfile polas rúas do Oural ao mediodía, coincidindo coa misa na honra a San Cidre. As carrozas estarán acompañadas pola música das charangas BB+ e Os Atrevidos, así como pola banda de gaitas Nova Fronteira.

As 14:00 horas, inauguración oficial coa entrega de premios ás mellores carrozas e o pregón, que este ano correrá a cargo de María Mera, coñecida actriz e presentadora. Despois, degustación de viños e petiscos nas distintas carrozas e, a partir das 15:00 horas, concerto da banda de gaitas “Nova Fronteira”.

Pola tarde, xogos para os máis cativos e a actuación das charangas BB+ e Os Atrevidos. E a partir das seis da tarde, gran fin de festa coa orquestra La Ocaband. Durante toda a xornada, na contorna do campo da festa haberá exposición de tractores antigos, polbeiro, carpa para xantar en familia, food-trucks, atraccións para os pequenos e amplos aparcadoiros gratuítos.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}