Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Xunta pon en marcha en Boqueixón un proxecto de seguimento da compostaxe doméstica en Galicia

5 de maio de 2026

O Concello de Boqueixón informa de que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático está a desenvolver un proxecto de seguimento da compostaxe doméstica en Galicia. Tratase dun estudo da caracterización e estimación da cantidade de biorresiduos tratados mediante compostaxe doméstica que ten como obxectivo obter a información que permita avaliar a situación atual no despregue efectivo da compostaxe doméstica na comunidade.

Boqueixón foi unha das entidades elixidas para realizar este estudo, polo que dende o Concello solicitamos a colaboración dos veciños e veciñas. O proxecto será executado pola empresa Novotec Consultores SA, que se porá en contacto cos veciños e veciñas de Boqueixón que participan no programa de compostaxe. Nesa chamada de teléfono preguntarán cuestións sobre o uso dos composteiros e utilidade do compost.

Finamente, tamén se farán algunhas visitas presenciais a unha selección de fogares de Boqueixón para valorar sobre o terreo a implementación da compostaxe e o uso dos medios dispoñibles.

Coa información recollida poderá actualizarse a información necesaria sobre o despregue da compostaxe doméstica nos distintos municipios galegos, así como analizar e valorar as condicións nas que se está levando á práctica en cada localidade.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo