O Concello de Boqueixón informa de que a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) convoca a cuarta edición do curso “A economía social e a modernización do sector agroalimentario: certificacións de calidade e ambientais”, que pode seguirse a través dunha plataforma de teleformación que permite ao alumnado avanzar ao seu ritmo e acceder aos materiais formativos en calquera momento. O número de prazas é limitado, polo que é necesario inscribirse completando este formulario.
O tempo estimado para completar a formación é de 70 horas, que deben ser cursadas desde o 8 de xuño ata o 19 de xullo de 2026.
Os obxectivos desta formación en modernización do sector agroalimentario móvense en dous ámbitos, xa que ademais dos módulos específicos en certificacións de calidade e ambientais, que mostran desde a práctica as condicións e requisitos necesarios para a xestión destas acreditacións, busca dar a coñecer ás cooperativas como empresas de economía social, coas súas características básicas e diferenciadoras, e dar valor ás súas achegas sociais e económicas, ademais de contribuír ao fortalecemento destas entidades a través de estratexias que redunden na calidade.
Máis información: Demetrio Bedriñana, dbedrinana@agaca.coop.
Esta actividade enmárcase no programa de actuación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para o fomento do cooperativismo e da economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.