
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, presentarán mañá xoves 11 de xuño o documental “Pico Sacro. Monte de mitos e lendas”. Un acto que terá lugar no centro de interpretación do Pico Sacro (Cachosenande. Lestedo) ás 11:30 horas. O acto de presentación e proxección do documental, dunha duración de máis de 25 minutos, está aberto a toda a veciñanza.

