Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, OBRAS E URBANISMO
  • Publicada o 13 julio 2026

A Deputación e o Concello de Boqueixón invisten 270.000 euros nun novo equipo profesional de roza

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio para financiar a adquisición dun novo equipamento profesional de roza para o municipio. O investimento ascende a 269.272,07 euros, dos que a Deputación achegará 215.417,66 euros, o 80% do custo total. O Concello de Boqueixón asumirá os 53.854,41 euros restantes con fondos propios.

Valentín González Formoso destacou que esta colaboración permitirá “mellorar de maneira importante a capacidade do Concello para manter en boas condicións unha rede viaria municipal moi extensa e prestar un servizo máis áxil e eficaz á veciñanza”. “O apoio aos concellos rurais pasa tamén por facilitarlles os medios necesarios para atender os seus servizos básicos”, afirmou o presidente provincial, que subliñou que o novo equipamento contribuirá a mellorar a seguridade viaria, conservar os accesos aos núcleos de poboación e reforzar a prevención dos incendios forestais.

Pola súa banda, Ovidio Rodeiro agradeceu a colaboración da Deputación nun investimento fundamental para un concello cun territorio amplo, unha poboación moi dispersa e máis de 250 quilómetros de pistas municipais. O alcalde explicou que a nova maquinaria permitirá realizar os traballos de roza con maior rapidez, seguridade e autonomía, reducir custos e prestar un mellor servizo en todas as parroquias.

Boqueixón conta cunha superficie de 73 quilómetros cadrados e cunha extensa rede de vías municipais que comunica numerosos núcleos rurais. A orografía do territorio e o elevado desgaste da maquinaria actualmente dispoñible, con tractores do ano 2010 que acumulan máis de 12.000 e 17.000 horas de uso, fan necesaria a incorporación dun equipamento máis moderno e especializado.

Maquinaria

A actuación contempla a adquisición e posta en funcionamento dunha máquina autopropulsada con tracción 4×4, motor diésel dunha potencia mínima de 135 cabalos e transmisión hidrostática de variación continua. Contará cunha cabina homologada e climatizada, visión panorámica e diferentes sistemas de seguridade.

A máquina incorporará un brazo telescópico dianteiro cun alcance mínimo de 6,75 metros, que permitirá traballar no sentido da marcha e acceder con maior seguridade a noiros, cunetas e zonas de difícil acceso. Disporá tamén dun cabezal rozador cunha anchura mínima de 1,20 metros, unha pinza para cortar pólas de ata 20 centímetros de diámetro, unha barra de discos para a poda en altura e unha pinza para a recollida de herba.

A subministración incluirá o transporte, a posta a punto e a instalación do equipamento, así como a formación básica do persoal municipal para o seu manexo e mantemento. A nova maquinaria permitirá incrementar a capacidade operativa dos servizos municipais e actuar con maior rapidez durante os meses de maior crecemento da vexetación.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}