Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

A Oficina Técnica da TDT vai realizar actuacións nos centros de Sergude e Gres que poden afectar ás televisións das parroquias de Lamas, Sergude e Ledesma

17 de xullo de 2026

O Concello de Boqueixón informa de que a Oficina Técnica da Televisión Dixital en Galicia vai realizar actuacións nos centros emisores de televisión da contorna con motivo da evolución tecnolóxica da Televisión Dixital. Isto suporá un cambio de canles de televisión e a necesidade de resintonizar o televisor das casas para seguir desfrutando da programación.

As actuacións terán lugar este luns 20 de xullo nos centros de extensión de cobertura de Sergude e de Gres (Vila de Cruces), onde se procederá a apagar o múltiple RGE2 (La 1 UHD, Clan e DKiss) que se emite actualmente na canle 42 e ao acendido do múltiple MPE2 na canle 45 (Boing, Energy, Mega, Trece). Polo tanto, se a próxima semana deixa de ver algunha canle de televisión, deberá resintonizar a televisión.

Unha vez rematada a actuación, cando se inicie a Fase 1, con data prevista para o próximo 5 de novembro,  o centro de Sergude pasará a emitir as seguintes canles:

  • Canle 22. (RGE1): TVE1,  TVE2, Clan, 24h, TDP (Teledeporte),
  • Canle 28. (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, BeMad
  • Canle 38. (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3series
  • Canle 40. (MIX AUTONÓMICO): TVG, G2, TVG UHD.
  • Canle 45. (MPE4): Boing, Energy, Mega, TreceTV
  • Canle 46 . (MPE1): Squirrel, Squirrel 2, Dmax,  Veo7

Nese mes de novembro, os veciños que reciban a sinal do centro de Sergude e de Gres (Vila de Cruces) deberán realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a instalación colectiva para asegurar a calidade da recepción.

De acordo cos datos da Oficina de Televisión Dixital en Galicia, as localidades que se beneficiarán das accións acometidas en Sergude son:

Parroquia Localidade Habitantes
LAMAS (SANTA MARÍA) BURGO (O) 40
LAMAS (SANTA MARÍA) CASAL (O) 27
LAMAS (SANTA MARÍA) COSTIÑA (A) 19
LAMAS (SANTA MARÍA) ESPIÑEIRA (A) 37
LAMAS (SANTA MARÍA) EIREXE (A) 7
LAMAS (SANTA MARÍA) MANLLE 21
LAMAS (SANTA MARÍA) OUTEIRO (O) 41
LAMAS (SANTA MARÍA) SENANDE 33
LAMAS (SANTA MARÍA) VIGO DE LAMAS 41
SERGUDE (SAN BREIXO) MAREQUE 36
SERGUDE (SAN BREIXO) NOENLLE 43
SERGUDE (SAN BREIXO) RODIÑO PEQUENO 41

Por outra parte, a Oficina de Televisión Dixital en Galicia prevé que as actuacións en Gres beneficien a:

Parroquia Localidade Habitantes
LEDESMA (SAN SALVADOR) A PONTE 86
LEDESMA (SAN SALVADOR) LEDESMA 47
LEDESMA (SAN SALVADOR) O MONTE 14

Máis información na Oficina de Televisión Dixital en Galicia: 881 866 388 ou na web www.tdtgalicia.gal.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo