Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon, CIM, SERVICIOS SOCIAIS
  • Publicada o 29 julio 2026

Apertura de inscricións nos programas de conciliación MADRUGA BOQUEIXÓN  e TARDES EDUCATIVAS E DE LECER 2026-2027

O concello de Boqueixón abre hoxe o prazo de inscricións en Madruga Boqueixón  e Tardes Educativas e de Lecer , etapa 2026-2027.
Co obxectivo de conciliar a vida laboral, persoal e familiar co coidado de fillas e fillos menores, prestanse os seguintes servizo e que terán lugar nas instalacións municipais do CPI Orza Couto:

MADRUGA BOQUEIXÓN
Programa de conciliación que ofrece un servizo de acollida, coidado e vixiancia á rapazada antes do comezo das clases e que se desenvolve durante todos os días do período lectivo do ensino de 2º ciclo de educación infantil, primaria e secundaria no CPI Orza Couto. Establécese o coidado e atención dos/das menores ante do comezo das aulas.
Horario: de 7:30 a 9:00 horas
O almorzo será por conta propia ou no seu caso vir almorzados.

TARDES EDUCATIVAS E DE LECER
Programa de conciliación que se desenvolve despois do remate da xornada lectiva, durante todos os días do período lectivo do ensino infantil, de primaria e de secundaria no CEIP de O Forte.
Ofrece dous servizos en espazos diferenciados. Por unha banda e segundo a demanda de cada familia, a rapazada realizará as tarefas escolares diarias, con vixilancia e apoio de monitoras/res especializadas/os e resolvendo as dúbidas en caso de necesitalo e por outra banda a rapazada tamén realizará actividades lúdicas: lecturas, xogos e obradoiros variados.
Horario: 15:30 a 18:30 horas.

Inscricións e prazo

Preferentemente a través da sede electrónica ou ben no Rexistro Xeral do concello, presentando ficha de solicitude e demais documentación que se describe na mesma.

Posibilidade de inscrición con frecuencia semanal ou por días soltos, con preaviso por escrito de tres días, e sempre que existan prazas dispoñibles.

Apertura de solicitudes desde o 29 de xullo ata o 27 de agosto de 2026.

A confirmación de admisión nos servizos de conciliación será obxecto de publicación na páxina web municipal.

Pagamento

A obrigación de pago nace no momento da formalización da inscrición na actividade.

O cobro será mediante domiciliación bancaria e con carácter bimensual.

Non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.

Baixas ou modificacóns nos servizos

Ao igual que as inscricións, toda modificación de solicitudes presentadas, corrección de erros, baixa no servizo ou calquera outra cuestión que afecte ao servizo deberá presentarse por vía telemática, a través da sede electrónica do concello ou ben de xeito presencial por rexistro de entrada.

Ditas actividades están subvencionadas con cargo ao Plan Corresponsables, Consellería de Política Social e Igualdade e do Ministerio de Igualdade do Goberno de España.

Para mais información ou consultas no teléfono 981 513106 ou a través do correo electrónico cim@boqueixon.com

– Bases conciliación 2026-2027

– Preme para descargar a solicitude de inscrición a Madruga Boqueixón

– Preme para descargar a solicitude de inscrición a Tardes Educativas e de Lecer

Plan Corresponsables - Ministerio de Igualdad        Ministerio de Igualdad (España) - Wikipedia, la enciclopedia libre

 

Adxuntos

  • Bases conciliación 2026-2027 (4 MB)
  • Ficha inscrición en Tardes educativas e de Lecer 2026-2027 (198 kB)
  • Ficha inscrición en Madruga Boqueixón 2026-2027 (199 kB)

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}