Desde o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña, en colaboración coa Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), estase a desenvolver o programa Provincia Emprendedora, de fomento do emprendemento e da actividade empresarial na provincia.
Provincia Emprendedora busca ofrecer á comunidade emprendedora e ás pemes da contorna ferramentas como:
- Xornadas prácticas de formación e capacitación orientadas á xestión e consolidación empresarial.
- Espazos de networking que faciliten a conexión entre o tecido emprendedor da provincia.
- Asesoramento especializado por temática, adaptable ás distintas fases de maduración dos proxectos.
Todos estes servizos son gratuítos para as persoas usuarias, grazas ao financiamento da Deputación Provincial da Coruña, a través de convenios de colaboración coa Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e coa Confederación de Empresarios da Coruña.
A quen vai dirixido?
- Persoas que desexen emprender e precisen axuda para validar ou desenvolver unha idea de negocio.
- Persoas emprendedoras cun proxecto en fase inicial que necesiten apoio para maduralo antes de constituír a empresa.
- Empresarios/as en activo que busquen consolidar e mellorar a súa actividade profesional.
Convidámoste a coñecer polo miúdo esta iniciativa na súa páxina