Os proxectos inclúen melloras de estradas e camiños, así como o acondicionamento dos accesos e do interior de aldeas das distintas parroquias
Boqueixón, 14 de agosto de 2026.- O Concello de Boqueixón vén de contratar a execución de ata 22 obras de mellora nas distintas parroquias do municipio e nas que vai investir case 450.000 euros, Dous proxectos que se executarán ao longo dos próximos meses, con cargo ao POS+2025 e que inclúen melloras do firme de estradas e camiños, acondicionamento dos accesos e do interior de varias aldeas e actuacións singulares como a recollida de pluviais en Eirexe ou a construción dunha cuneta de seguridade en Santa Mariña.
Viarios e accesos
O primeiro proxecto, adxudicado a Construcciones Ponciano Nieto por case 310.000 euros, inclúe o aglomerado en quente dunha estrada de 630 metros en Sucira, previa limpeza de cunetas e posterior pintado lonxitudinal. Tamén se canalizará a recollida das augas pluviais nun tramo de 110 metros en Eirexe (Boqueixón) e construirase unha cuneta de seguridade de 180 metros en Santa Mariña, para mellorar a seguridade viaria dos veciños e veciñas. Tamén se mellorará o entronque en Carballón CP 1201, con canalización de augas pluviais en ambas marxes da estrada, aglomerado en quente do viario e pintado de bordes. dosas deterioradas nas distintas beirarrúas do noso municipio.
Así mesmo, procederase á mellora da capa de rodaxe (con dobre riego e previo bacheo e limpeza de cunetas) na pista de Ardilleiro ata a ponte do río Pontillón; no viario que une a AC-240 en Engas, sigue pola “Pichina” e vai pola Granxola ata a AC-240 de novo; no camiño que pasa por diante da fonte de Donas; no viario que vai dende a Cruz ata Carabán; no camiño da AC-960 á Igrexa de Ledesma; e no viario en Castro (Oural), no lugar chamado “gurrilleiras”.
Por outra banda, melloraranse os interiores en Trión (Gastrar) e en Gastrar, previa limpeza de cunetas e cun dobre riego. Finalmente melloraranse os accesos en Santaia 22 e Santaia 33, ambas en Codeso; así como da pista de 230 metros de acceso á área recreativa de Sucira.
Mellora capa de rodaxe
O segundo proxecto, adxudicado a Cosmalca por máis de 136.000 euros, inclúe outras sete actuacións. Unha delas é a mellora dos accesos a unha vivenda en Noenlle 8 (Sergude) e unha mellora da rúa Monte Ilicino, en Lestedo. e dun viario de acceso ao campo da festa de Lamas, que nos tres casos inclúe a limpeza previa de cunetas e o posterior pintado de liñas de bordo. Completan o proxecto a mellora da capa de rodaxe con dobre riego do viario que cruza o lugar de Piñeiro de Arriba (Boqueixón) e do camiño que vai de Vigo (Lamas) ata a AC-261, onde se ancheará o viario.
Por un Boqueixón máis accesible e seguro: plan municipal de arranxo de beirarrúas
O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha un plan de reparación das baldosas deterioradas nas distintas beirarrúas do noso municipio. O obxectivo é mellorar a accesibilidade, garantir a seguridade e aumentar o confort da veciñanza de todas as parroquias. “Seguimos mellorando os nosos núcleos para que camiñar por Boqueixón sexa máis accesible e seguro para todo o mundo”, apunta o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Munín.
