O Concello formaliza o contrato para a ampliación do saneamento en Deseiro de Abaixo, A Granxola, Quián e Loureda

O Concello de Boqueixón deu un novo paso na mellora e extensión das redes de servizos básicos no termo municipal coa sinatura e formalización do contrato administrativo de obras para o proxecto de «Ampliación do saneamento en Deseiro de Abaixo, A Granxola, Quián e Loureda» (Expediente 2026/C002/000012).

Esta intervención ten como finalidade dotar dun servizo esencial de evacuación e tratamento de augas residuais a diversas vivendas e núcleos do concello, contribuíndo á mellora da calidade de vida da veciñanza e ao coidado do medio ambiente local.

Principais datos do contrato:

Obxecto das obras: Ampliación da rede pública de saneamento nos lugares de Deseiro de Abaixo, A Granxola, Quián e Loureda. Importe de adxudicación: 39.930,00 € ampliacion saneamentos 2026 (IVE incluído).

Financiamento: Actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental 2026 (30.000,00 €) e con fondos propios do Concello de Boqueixón (10.000,00 €).

Empresa adxudicataria: Hermanos Couto Fandiño SL. Prazo de execución: 2 meses a partir da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Pódese consultar o documento oficial de formalización do contrato administrativo para a súa descarga e verificación pública na seguinte ligazón.

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025