Bolsa de emprego para educador/a na EIM Raiña Lupa

O Concello de Boqueixón publica as bases reitoras do proceso de selección, mediante concurso de méritos, dunha bolsa de educador/a da escola infantil municipal Raiña Lupa. A bolsa é en réxime de persoal laboral temporal, coa finalidade de atender as necesidades temporais do persoal que poidan xurdir no servizo.

O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.

Descargas:

Adxuntos

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025