
A empresa de alimentación JOALPER SL (Eroski City) busca dependentes para as súas tendas de Lestedo e Arca.
Funcións: tarefas de caixa, reposición e panadería.
Requisitos:
- Estudos mínimos de educación secundaria obrigatoria (ESO)
- Ser unha persoa responsable, dinámica, que goce do traballo en equipo e da atención ao cliente.
Inscricións: As persoas interesadas poden enviar o seu currículo ao correo electrónico rrhh@joalper.es ou presentar a súa candidatura na páxina web joalper.es (no apartado “Trabaja con nosotros”).
