Peche da tempada da actividade Ximnasia de maiores

Uns 50 maiores dos diferentes grupos de Ximnasia de maiores do Concello de Boqueixón, realizaron no día de onte, unha andaina polo Concello de Noia como broche final da tempada da actividade.

Percorreron os sete quilómetros que separan o paseo marítimo da praia de Testal, para o cal tiveron que cruzaron a ponte que cruza a Ría de Noia – Muros.

Remataron a xornada cunha comida na que recibiron a visita do alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o cal resaltou a vitalidade e o dinamismo dos participantes e aproveitou para facerlles entrega dun agasallo.

 

 

 

 

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025