Desde o CIM de Boqueixón, quérese dar a maior difusión posible á aplicación “Escapp”. Trátase dunha aplicación para dispositivos móbiles (Sistemas operativos IOS e Android) elaborada pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia que ten como obxectivo achegar información de utilidade ás mulleres que se atopan nunha situación de violencia de xénero e a todas as persoas que poidan axudar a rematar con este tipo de situacións.

