Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Escudo do Concello de Boqueixón

ÁREAS MUNICIPAIS​

Forte s/n

15581 BOQUEIXÓN (A Coruña)

Telfs: 981 513 061 – 981 513 052

Fax: 981 513 000

Áreas municipais

Concello de Boqueixón

Abre «Ver competencias» para consultar de que se encarga cada área.

Ovidio Rodeiro Tato

Ovidio Rodeiro Tato

Alcaldía

Ver competencias

As súas áreas propias serán: secretaría municipal, asuntos protocolarios, relacións institucionais, relación coas comunidades residentes no exterior, promoción do Concello, persoal, ordenación urbanística e expropiacións.

Manuel Fernández Munín

Manuel Fernández Munín

concelleiro de Servizos e Obras Públicas

Ver competencias

Esta concellería encargarase da política de vivenda, obras públicas, coordinación de investimentos en infraestruturas, programa de control e supervisión de consumos e subministración eléctricas, revisión de contadores, transporte metropolitano, abastecemento e saneamento, xestión do punto limpo e servizo do lixo así como das concentracións parcelarias.

José Manuel Iglesias Gómez

José Manuel Iglesias Gómez

concelleiro de Facenda, Servizos Xerais, Mantemento e Limpeza

Ver competencias

Este departamento encargarase do programa de mantemento de vías e camiños, peches e obras menores, servizo de limpeza viaria, beirarrúas e áreas recreativas, programa de mantemento de pistas forestais, programa de rozas, programa de limpeza e mantemento de edificios públicos, protección civil, seguridade cidadá, parques e xardíns, protección ambiental e defensa contra incendios. A maiores, terá delegadas as competencias en xestión económica, control financeiro e orzamentario e xestión tributaria.

Ángela Conde Leis

Ángela Conde Leis

concelleira de Servizos Sociais e Igualdade

Ver competencias

As súas áreas propias incluirán a atención á terceira idade, discapacidade e colectivos en risco de exclusión, coordinación dos programas de dependencia e cobertura das necesidades sociais básicas, políticas de igualdade social, coordinación do CIM e políticas de igualdade de xénero.

Gonzalo Redondo Rendo

Gonzalo Redondo Rendo

concelleiro de Cultura, Educación e Novas Tecnoloxías

Ver competencias

A esta Concellería corresponderalle a promoción e programación cultural, políticas de educación, xestión dos locais socioculturais, implantación das novas tecnoloxías e dinamización tecnolóxica.

José Luís Mareque Simón

José Luís Mareque Simón

concelleiro de Industria, Turismo e Desenvolvemento Local

Ver competencias

Este departamento municipal encargarase da xestión dos parques empresariais, comercio, protección ao consumidor, feiras e promoción económica. Así mesmo, promoverá programas formativos e de desenvolvemento local, promoción e dinamización turística: Pico Sacro, Vía da Prata, Ponte Ledesma, San Cidre, Xenerais da Ulla… e garantirá a protección do patrimonio histórico e artístico. Finalmente, encargarase das áreas de desenvolvemento rural, agricultura, gandería e montes, industrias derivadas destes sectores.

Diego Esturao Rosende

Diego Esturao Rosende

concelleiro de Deportes

Ver competencias

Deste departamento dependerán a programación e promoción deportiva, a xestión das infraestruturas deportivas e a coordinación das entidades deportivas do Concello.

Sonia Suárez Casal

Sonia Suárez Casal

concelleira de Participación Cidadá, Xuventude e Voluntariado

Ver competencias

Unha área que xestionará os programas e políticas de xuventude e voluntariado xuvenil.