Ir al contenido

Concello de Boqueixón

Main Menu
  • O CONCELLO
    • ALCALDÍA
    • ÁREAS MUNICIPAIS
    • XUNTA DE GOBERNO
    • ACTAS XUNTA DE GOBERNO
    • DECRETOS
    • ORDENANZAS
    • O PLENO – CORPORACIÓN
    • O PLENO – ACTAS
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • ARQUIVO
    • BIBLIOTECA
    • CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER (CIM)
    • CULTURA
    • DEPORTES
    • FORMACIÓN, EMPREGO E TURISMO
    • OBRAS E SERVIZOS
    • SERVIZOS XERAIS
    • SERVIZOS SOCIAIS
    • URBANISMO
    • XUVENTUDE (OMIX)
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • DESCRICIÓN XEOGRÁFICA
    • DIRECTORIO
    • ESTADÍSTICAS
    • FESTIVIDADES
    • HISTORIA
    • RUEIRO DE LESTEDO
    • PARROQUIAS
    • PERSOEIROS
    • TOPONIMIA
  • TURISMO
    • ALOXAMENTO
    • AREAS NATURAIS E RUTAS
    • FESTAS E FEIRAS
    • FOLLETO TURÍSTICO
    • GALERÍAS
    • GASTRONOMÍA
    • O PICO SACRO
  • BUSCAR
  • CORREO
  • CONTACTA CON NOS
Main Menu
  • O CONCELLO
    • GOBERNO
      • Actas Xunta de Goberno
      • Alcaldía
      • Áreas Municipais
      • Decretos
      • Ordenanzas
      • Xunta de Goberno
    • O PLENO
      • Actas
      • Corporación
  • SERVIZOS MUNICIPAIS
    • Servizos Xerais
    • Obras e Servizos
    • Urbanismo
    • Deportes
    • Xuventude (OMIX)
    • Formación, Emprego e Turismo
    • Cultura
    • Servizos Sociais
    • Centro de Información á Muller (CIM)
    • Biblioteca
    • Arquivo
  • COÑECE BOQUEIXÓN
    • Estadísticas
    • Descrición Xeográfica
    • Directorio
    • Festividades
    • Historia
    • Parroquias
    • Persoeiros
    • Rueiro de Lestedo
    • Toponimia
  • TURISMO
    • Aloxamento
    • Áreas Naturais e Rutas
    • Festas e Feiras
    • Folleto Turístico
    • Galerías
    • Gastronomía
    • O Pico Sacro
  • SEDE ELECTRÓNICA
  • TABOLEIRO DE ANUNCIOS
  • PORTAL DA TRANSPARENCIA

Concello de Boqueixón

Contacta con nós
Correo concello
  • Categoría (s): Boqueixon
  • Publicada o 23 febrero 2017

Procedementos e formularios normalizados para a obtenciónda carta de artesán e a cualificación de taller artesán

DOG

Obxecto: esta orde ten por obxecto actualizar os procedementos e os formularios de inicio normalizados para a obtención da carta de artesán e a cualificación e inscrición do taller artesanal previstos no Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a norma­tiva vixente en materia de artesanía, ás previsións vixentes contidas nas Guías para a ha­bilitación electrónica de procedementos e formularios na Administración xeral e do sector público autonómico. Os formularios normalizados publícanse como anexos I e III a esta orde.

Presentación de solicitudes: As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formula­rio normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.

Prazo de presentación : Aberto todo o ano. Esta orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación:

  1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa súa solicitude os seguintes docu­mentos necesarios para a súa tramitación xunto coa solicitude:

Para a obtención da carta de artesán/a:

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Memoria das actividades profesionais realizadas (máximo 6 folios, engadidas as foto­grafías).
  • Certificación ou documento acreditativo dalgún dos requisitos que recolle o artigo 12 do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, para a obtención da carta de artesán.

Para a renovación/modificación da carta de artesán/a:

  • Certificado de residencia da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • No caso de cambios na tipoloxía da actividade (actividades artesanais) deberá incluír tamén a documentación para a obtención da carta de artesán/a.

En relación co procedemento relativo para a obtención/renovación do obradoiro artesanal as persoas solicitantes deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

Para a obtención do obradoiro artesanal:

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Certificado de alta no imposto de actividades económicas (IAE), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Copia do NIF de persoa xurídica, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Relación por categorías dos traballadores do obradoiro, só no caso de persoas xurí­dicas.
  • As entidades cooperativas ou asociativas (reguladas no artigo 2.3 da Lei 1/1992, de artesanía de Galicia) que comercialicen a produción dos seus socios ou asociados xunta­rán, ademais, certificación ou documento acreditativo da súa constitución legal, estatutos e relación de socios compoñentes.

Para a renovación/modificación do obradoiro artesanal:

  • Certificado de alta no imposto de actividades económicas (IAE), só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  • Copia do NIF de persoa xurídica, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
  1. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presen­ten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
  1. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa pre­sentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aque­la en que fose realizada a emenda.
  1. Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comparte esta nova:

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir

© Concello de Boqueixón 2025

2025 Concello de Boqueixón

@lmco 2025

981 513061 | Forte, s/n 15881Boqueixón

  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Contacta
Facebook-f
Concello de Boqueixón
Aviso legal
Utilizamos cookies para optimizar o noso sitio web e o noso servicio.
Funcional Siempre activo
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
Preferencias
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para la finalidad legítima de almacenar preferencias no solicitadas por el abonado o usuario.
Estadísticas
El almacenamiento o acceso técnico que es utilizado exclusivamente con fines estadísticos. El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu Proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
0
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en un sitio web o en varios sitios web con fines de marketing similares.
  • Administrar opciones
  • Gestionar los servicios
  • Gestionar {vendor_count} proveedores
  • Leer más sobre estos propósitos
Ver preferencias
  • {title}
  • {title}
  • {title}