
Xa se poden solicitar as axudas Leader 2014 – 2020 xestionadas polo GDR Terras de Compostela no se ámbito xeográfico.
Todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que desexen promover un proxecto empresarial (produtivo) ou aquelas entidades públicas ou de carácter privado que desexen promover un proxecto non produtivo de interese colectivo, poden dirixirse ó GDR Terras de Compostela para recibir asesoramento a través do seguinte contacto:
GRUPO DE DESENVOLVEMENTO RURAL TERRAS DE COMPOSTELA
Cibran, nº 4 – San Xian de Sales – 15885 VEDRA
Telf.: 981 81 83 57


