Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Debido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá e pasado o transporte escolar en Boqueixón

21 de marzo de 2017

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender mañá parte do transporte escolar e as actividades no exterior dos centros educativos en determinadas zonas, ao agardarse un fenómeno meteorolóxico que acadará os niveis amarelo e laranxa de alerta.

En concreto, as indicacións serán as seguintes:

  • Zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña na que está incluída Boqueixón, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra: suspensión do transporte escolar por alerta laranxa entre as 12,00 horas do día 22 e as 12,00 horas do día 23 de marzo

En todas as zonas indicadas: suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos, con seguimento das condicións climáticas

Aínda que non se suspende a actividade docente, no caso de que as circunstancias meteorolóxicas na localidade onde se atopa o centro de ensino supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior ou as extraescolares.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Compartir
WhatsApp Facebook Correo