Concello deBoqueixón
Contacto

Instalar a app

Actualidade

Fallo do xurado da cuarta edición do Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas”

4 de maio de 2017

Ditame

O concello de Boqueixón fai pública a decisión unánime do xurado que valorou a calidade dos relatos presentados a esta cuarta edición. Salientar a gran participación cun total de 81 traballos presentados a concurso e a enorme dificultade para seleccionar aos mellores debido, precisamente, ao elevado nivel dos mesmos.

Os nove relatos premiados formarán parte dunha publicación que, xunto a outros agasallos, recibirán os e as galardoados o vindeiro 19 de maio dentro da programación da semana das Letras Galegas. O acto de entrega terá lugar no salón de actos do CPI Antonio Orza Couto ás 11:30 h. e estará presidido polo alcalde de Boqueixón, polo presidente da Fundación Neira Vilas e polo director do CPI.

Premiados nas tres categorías:

Primeira categoría (3º e 4º de Primaria)

* 1º premio: “O ovo sorpresa” de Noa Méndez Picallo

* 2º premio: “O rescate de Aurora e Nina” de Aldara Munín Fernández

* 3º premio: “O espírito que roubaba zapatos” de Iria Rial Fontela

Segunda categoría (5º e 6º de Primaria)

* 1º premio: “Sentir en galego” de Candela Suárez Méndez

* 2º premio: “Icía, a nena de ouro” de Carla Gontán Iglesias

* 3º premio: “A nena das botas de ouro e o arco de cabaleiro” de Olalla González Rendo

Terceira categoría (Ed. Secundaria)

* 1º premio: “Eu” de María Crespo Cutrín

* 2º premio: “Moitos poucos fan un sorriso” de Alejandra Neiro Dopico

* 3º premio: “Unha historia de dous” de Andrea Fernández García

 

Compartir
WhatsApp Facebook Correo